Madrugada de San Xoán,
madrugada a máis garrida.
Que baila o sol cando nace
e ri cando morre o día.
¿Onde vai Nosa Señora,
onde vai Santa María?
Vai cara á banda do mar,
vai cara á banda da ría.
¿Qué diz a Virxe, que diz,
qué dice Santa María
¿Cal será a meniña, cal,
que colla a fror d'auga fría?
Non sera dama, nin deuda,
que será a princesa Aldina,
A princesa namorada,
filla do rei de Galicia.
Non hai outra coma ela,
tan feitiña e tan bonita.
C'aqueles seus ollos craros,
do color d'auga da ría.
Só ti aldina serás,
quen leve a fror d'auga fría:
Só ti aldina serás,
quen leve a fror d'auga fría:
Érguete do teu leito nena,
ven cara á banda do mar
Qu'anque ti veñas soiña
en compaña has de tornar.
Na torre do real palacio,
anque inda está lonxe o día
Móvense os liños dun leito,
algunha xente s'erguía.
E a princesa ¡dio-la garde!
era a moi garrida Aldina
Que vai día de San xoán
catar a fror d'auga fría.